PAISAXES RESILIENTES

Curso de verán da Universidade de
Santiago de Compostela (USC)

ALLARIZ - 2021
1 e 2 de Xullo

Intervenientes

Inauguración:

María Cristina Cid Fernández, alcaldesa de Allariz

José Manuel Andrade, Director Fundación Juana de Vega

 

Conferencias:

Susana Sánchez Arins, escritora

Rubén Lois, Catedrático Xeografía Rexional, USC.

Isabel Aguirre, Arquitecta, Directora Escola Galega da Paisaxe.

Manuel García Docampo. Dr .en Socioloxía

Marta Somoza Medina, Dra. Arquitecta

 

Profesores para tutelar as excursións didácticas e os traballos en equipo:

Susana Sánchez Arins, escritora. Manuel García Docampo. Dr. en Socioloxía.

Maruxa Álvarez Jiménez, Dra. en Bioloxía. Xose Constenla, Dr. en Xeografía .

Cristina García Fontán, Dra. Arquitecta. Mª José Piñeira, Dra. en Xeografía.

María de los Ángeles Piñeiro, Dra. en Xeografía.

Manuel Rodríguez López, Arquitecto.

Marta Somoza Medina, Dra. Arquitecta.

Roi García Camba, Arquitecto.

José Manuel Andrade Calvo (Corcoesto, A Coruña, 1975). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de A Coruña, desenvolveu a súa carreira profesional dende 1997 na Fundación Juana de Vega, da que é director dende o 2005. É profesor asociado do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de A Coruña e foi coordinador durante 10 anos do postgrado en Xestión de Empresas Agroalimentarias que organizou esta universidade coa colaboración da Fundación. Ten participado en cursos e seminarios sobre cuestións relacionadas co sector agroalimentario en Galicia e publicado artigos sobre este tema.

 Susana Sánchez Arins (Vilagarcía de Arousa, 1974). Estudiou filoloxías Hispánica e Portuguesa na Universidade de Santiago e obtivo o DEA de Literatura Comparada. É profesora de secundaria. En 2008 gañou o XXI Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé coa obra (de) construçom. É autora tamén de Aquilatadas (2012), Seique (2012), Carne da miña carne (2018) e Tu contas eu conto (2018). É membro da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización no gubernamental Implicadas no desenvolvemento.

Rubén Lois González (Palas de Rei, 1961). Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade de Santiago de Compostela, director do Grupo de Investigación ANTE -Análise Territorial- e actual director do Departamento de Xeografía. As súas principais liñas de investigación son a xeografía urbana e social, o turismo e a planificación do territorio. Foi Director Xeral de Turismo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Ten dirixido numerosas tesis doctorais e diferentes proxectos de investigación europeos relacionados coas súas liñas de investigación. Actualmente é Director da Fundación Centro de Estudios Euro-Regionales, que agrupa a seis universidades de Galicia e o Norte de Portugal

Isabel Aguirre de Úrcola é arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Coruña e dirixe a ‘Escola Galega da Paisaxe’ da Fundación Juana de Veiga desde a súa creación en 2008. Nada en Vilagarcía de Arousa, conta con máis de 25 anos na docencia e investigación. Foi profesora titular na Universidade de Coruña e a súa experiencia docente esténdese a outras universidades españolas e estranxeiras. Foi Premio Nacional de Arquitectura ‘Manuel da Dehesa’ en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, xunto ao arquitecto portugués Álvaro Siza. Recentemente, foi galardoada tamén co Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística da contorna do Mosteiro de Caaveiro. É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools e expuxo a súa obra na Universidade de Harvard EEUU na exposición “Os 15 mellores Paisajistas de Europa” no ano 2000.

Manuel García Docampo: Licenciado en Ciencias Políticas y Sociología por la Universidad Complutense de Madrid (1986); Diplôme d’Études Aproffondies (DEA), pola École de Hautes Études en Sciences Sociales de París, en 1993; Doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña, 1998. Profesor Titular de Universidade, adscrito ao Departamento de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración da Universidade da Coruña.

Actualmente imparte docencia no Grao de Socioloxía das seguintes materias: Estrutura e Cambio Social, Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio. Asemade, imparte docencia en varios Postgraos da UDC en materias ligadas ao seu perfil investigador. Entre as súas publicacións: El concepto y la medida de las desigualdades sociales (2000), A construcción social do territorio galego (2003), . Santiago de Compostela: TresCtres editores, 2003,. Cidade Difusa en Galicia (2006) con Dalda Escudero, e M.; Harguindey, J., Perspectivas teóricas en desarrollo local, (2007).

Maruxa Álvarez Jiménez: (Vigo, 1976). Doutora en Bioloxía, experta na área de Ciencias Experimentais e Medio Ambiente leva cerca de 20 anos traballando como profesora e investigadora na Universidade de Vigo. Como investigadora, ten realizado cerca de 30 estancias en Universidades extranxeiras (maioritariamente en Estados Unidos pero tamén fixo estadías en Nova Zelanda, Reino Unido e Portugal) e é autora de máis de 40 artículos científicos e publicados en revistas internacionales de reconocido prestixio principalmente no ámbito da ecoloxía de augas continentais e acuicultura. Como profesora, leva impartindo docencia na universidade dende o ano 2000, dando clases a distintos cursos de grado e posgrado. Independentemente das suas responsabilidades docentes e de investigación, dedica parte do seu tempo a axudar aos estudantes a desenvolverse profesionalmente e a fomentar neles o sentido da emprendeduría e iniciativa. Neste campo, é a coordinadora de 3D START UP en GALICIA e directora académica do curso de especialización ICEMAR (Innovación, Competitividad y Emprendimientoenel Mar).

Especialista en Estructura e funcionamento de ecosistemas fluviais.

Xosé Constenla Vega (Compostela, 1980). Xeógrafo. Licenciouse e doutorouse en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2017 recibiu o XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro de Ciencias Sociais e Humanidades pola obra titulada O Colapso Territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país.  Na actualidade é profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Vigo e de Xeografía Humana na Universidade de León. Con anterioridade foi docente na Universidade da Coruña e na Carlos III de Madrid. No ámbito privado, traballou profesionalmente no campo do Urbanismo e da Ordenación do Territorio. Publicou numerosos artigos en revistas científicas no eido da Xeografía e das Ciencias Sociais. En 2010, publicou en Edicións Laiovento o libro (Re)Imaxinando o universo urbano. de Batilmore a Santiago de Compostela. Na súa faceta como cantautor, ten catro discos publicados: Quen fixo berrar ao silencio (2005). Olladas dun entusiasta (2008). Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo (2013) e Virada por avante (2016).

Cristina García Fontán, (Cotobade, 1976).  Doctora por la Universidad de A Coruña en la especialidad de Urbanismo obteniendo la calificación Apto CUM LAUDE en 2012. Diploma de Estudios Avanzados en Ordenación y Desarrollo territorial en la Facultad de Geografia e Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. 2008. Master en Advanced Architecture por el Berlage Institute de Rotterdam 2003-2005, becada por la Fundación Barrié de la Maza.

Arquitecto con la especialidad de Urbanismo por la ETSA de A Coruña en 2001 obteniendo la calificación de Premio Extraordinario de Arquitectura. Desde 2007 Profesora del Departamento de Proyectos Arquitectónicos y Urbanismo de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de la Universidad de A Coruña. Impartiendo clases de diversas materias en el título de arquitecto, en el Master en Urbanismo y el Máster en Arquitectura del Paisaje. Colaboración en diversos proyectos de investigación sobre ordenación territorial y planificación estratégica entre otros el Plan Estratégico de la provincia de A Coruña.

Mª José Piñeira Mantiñán (A Coruña, 1969), doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster Internacional a distancia en SIG, Universitat de Girona (2003), profesora asociada da USC. Realiza numerosos proxectos, entre os que destacan: Sistema de indicadores para a análise das dinámicas urbanas en España a comezos do século XXI (2013 – aberto). Deseño de instrumentos económico-territoriais para a xestión administrativa de desenvolvemento local en Senegal, Cabo Verde e Malí (2011). Benchmarking de produtos turísticos e a súa aplicación en Galicia (2010). Estudio sobre el producto turístico Camino de Santiago en el Horizonte del Año Santo Jacobeo 2010 (2009). Historia Urbana de Galicia: Procesos de Rehabilitación nos Centros Históricos (2009). Proxecto Terra (2009). Elaboración dun estudo previo para a creación e posta en marcha do Observatorio do Turismo de Galicia. SEREA – Reorientación das actividades mariñas (2007). Estudo sobre o desenvolvemento turístico sustentable en ciudades históricas (2005). Tamén é autora de numerosos artigos e publicacións.

María de los Ángeles Piñeiro Antelo: Licenciada en Xeografía e Historia, Universidade de Santiago (1992). Doutora en Xeografía, Universidade de Santiago (2015); Tesis de Doutoramento: “A Política Pesqueira Común e as comunidades costeiras de Galicia. Visións desde a Xeografía”. Posgrao en Ordenación e Desenvolvemento Territorial (2002). Master en Análise e xestión de datos SIG (2016). Últimos proxectos. “Los retos del sistema metropolitano español ante la estrategia europea 2020 en un contexto de crisis. La consolidación de un observatorio urbano y metropolitano” (2013). “Sistema de indicadores para el análisis de las dinámicas urbanas y metropolitanas en España a comienzos del siglo XXI”,(2011). Algunas das publicacións nas que ten participado: “Diccionario de Urbanismo. Geografía urbana y ordenación del territorio”. “O traballo das mulleres nas actividades vinculadas á economía pesqueira en Galicia, con especial atención ao porto de Muros, desde a perspectiva da xeografía do xénero”. “Restructuring a peripheral coastal community: the case of a Galician fishing town”. “La cultura de la moule en Galice: aspects socio-économiques et spatiaux”.

Manuel Rodríguez López (As Pontes, 1990) estudou arquitectura na ETSAB – Universidad Politécnica de Catalunya e realizouestudos de intercambio na LTH – Universidade de Lund, en Suecia. Durante os seusestudosrealizou prácticas no estudoAebyPerneger&Associés, en Suiza; colaborou coa Fundación Mies Van der Rohe na organización da exposición Made in Europe para a Biennale de Venezia de 2014; e foi asistente á docencia no obradoiro Arquitectos de Cabecera 2015, iniciativa gañadora do premio Ciutat de Barcelona 2015 na categoría de Arquitectura e Urbanismo. O seuproxecto final de carreira, cualificado con matrícula de honra, centrousena procura dundesenvolvementosostible a través da implantación dun centro de desenvolvementotecnolóxico dos produtos da madeira. Este proxectoconéctao con David Chipperfield, incorporándose en 2016 a David Chipperfield Architects Londres para coordinar o Estudo Arousa, pasando en 2017 a dirixir as actividades da entidade constituida para este fin, a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA).

Marta Somoza Medina (Ourense, 1971) é doutora arquitecta. Desenvolve traballos de planeamento a diversas escalas, proxectos urbanos e proxectos de arquitectura e de rehabilitación. No campo da docencia e investigación organiza xornadas, cursos e exposicións, ademais de impartir conferencias en cursos de diversas universidades. A súa tese doutoral «Tras o territorio circular. Paisaxes cotiáns da periferia galega» profundiza no tema da paisaxe no medio rural galego. Mención do premio Enrique Peña en 2008 polo Proxecto de pavimentación e mellora dos espazos libres de Santa Mariña de Augas Santas. Entre 2011 e 2013 participa na exposición Metagénesix: nova arquitectura de Galicia. Dende hai doce anos é arquitecta municipal no concello de Allariz.É fundadora E presidenta da asociación «Colectivo Re.creo» dende a que realiza proxectos de educación creativa sobre paisaxe, territorio e cidade destinados a nenos, familias e colectivos en risco de exclusión social. («Paisajes habitados» http://proxectoterra.coag.es/).

Copyright 2017 Concello de Allariz| Aviso Legal e Privacidade | Desarrollo Desarrollo Web por Ainet Consulting