PAISAXES RESILIENTES

Curso de verán da Universidade de
Santiago de Compostela (USC)

ALLARIZ - 2021
1 e 2 de Xullo

Contidos 2021

A proposta aborda a didáctica da paisaxe, explorando metodoloxías que permitan desvelar a complexidade das paisaxes galegas entendidas como proceso, fenómeno de percepción e expresión cultural. O tema de estudio diríxese ás paisaxes resilientes, capaces de acoller novamente actividades produtivas especializadas, innovadoras, que ademais permitan fixar a poboación no territorio rural e reforzar o sentimento de apego e identidade do lugar.

 

O público a quen vai dirixido é, en xeral ás persoas interesadas na didáctica das paisaxes: docentes dos ensinos de primaria e secundaria; profesores, titulados e estudantes de disciplinas como Ciencias da Educación, Arquitectura, Turismo, Xeografía, Urbanismo e Ordenación do Territorio, Paisaxismo, Enxeñería Agrónoma, Enxeñería Forestal, Socioloxía, Arqueoloxía….

 

Tema

 No interior de Ourense, as paisaxes culturais foron moldeadas en base a unha agricultura tradicional que a mediados do século XX comezaba a transformarse para dar continuidade a procesos preindustriais de transformación dos recursos do medio en productos elaborados (tecidos, calzado, repostería, …), con apoio nalgúns casos da renovación nos modos de emprego da forza hidráulica (muíños, minicentrais, …).

Proponse analizar a relación entre estes usos e a formalización ou consolidación de paisaxes tradicionais. Dentro desta formulación, o estudo diríxese a territorios vulnerables, desactivados tras as sucesivas ondas migratorias ao longo do século XX. Neles, a perda de poboación e o abandono do espazo rural teñen tido importantes repercusións a nivel social, económico, patrimonial e paisaxístico. Abórdase a análise da resiliencia destas paisaxes, entendidos como un recurso patrimonial de gran valor, que tras un período de estancamento e abandono parcial, teñen capacidade de ser novamente soporte de actividades baseadas na transformación dos recursos. Tamén se plantexa esbozar para estes espazos propostas que fomenten a diversificación de base produtiva, a superposición de usos e a posta en valor das súas calidades ambientais e culturais.

O obradoiro proponse como unha actividade de transferencia de coñecemento. Plantéxase proporcionar metodoloxías para a didáctica da paisaxe, profundizando en conceptos de vulnerabilidade do territorio e resiliencia da paisaxe. A dinámica das xornadas combina teoría e práctica, con ponencias directamente relacionadas cos temas a tratar nos traballos dos grupos (a modo de presentación do tema, conceptos, casos, ferramentas, …). Xenérase así un continuo intercambio de teoría, conceptos e boas prácticas que se van alternando coa saída de campo e co traballo individual e colectivo sobre os contidos introducidos. Esta dinámica permite favorecer a concentración, a curiosidade, a comprobación empírica das hipóteses, a intensidade de pensamento e a colaboración entre alumnado e investigadores.

O plantexamento do obradoiro busca activar, a partir dunha acción concreta e delimitada, un efecto de gran alcance en relación ao compromiso da sostenibilidade e posta en valor das paisaxes galegas, dende o seu re-coñecemento por parte do colectivo de educadores, abranguendo así de forma implícita a un público moi extenso.

 

Conferencia 1: Rubén C. Lois. Sobre a didáctica das paisaxes

Conferencia 2: Mª José Piñeira Mantiñán. Actividades participativas en relación á catalogación das paisaxes. O caso de Castro Maior.

Conferencia 3: Marta Somoza Medina. Paisaxes resilientes e o seu imaxinario.

Conferencia 4: Silvia Blanco Agüeira. Metodoloxías innovadoras na didáctica do espazo.

 

  1. e) Relación de intervenientes e participantes

Participantes:

Cristina Cid, Alcaldesa Concello de Allariz

Rubén C. Lois, Catedrático Xeografía Rexional, USC

Mª José Piñeira Mantiñán, Dra. en Xeografía, USC

Marta Somoza Medina, Dra. Arquitecta, CESUGA, A Coruña

Silvia Blanco Agüeira, Dra. Arquitecta. Directora do Grao de Arquitectura, CESUGA, A Coruña. Metodoloxías innovadoras na didáctica do espazo. (Innovaciones de metodologías docente, novedades, tics, pandemia, buenas prácticas, transferencia de conocimientos)

Xosé Constenla Vega, Dr. en Xeografía, CCEE, UVigo, Ourense

Yamilé Pérez, Dra. en Xeografía, UDC

Paco Armas, Dr. en Xeografía, USC

 

    Copyright 2017 Concello de Allariz| Aviso Legal e Privacidade | Desarrollo Desarrollo Web por Ainet Consulting