PAISAXES RESILIENTES

Curso de verán da Universidade de
Santiago de Compostela (USC)

ALLARIZ - 2021
1 e 2 de Xullo

Información 2021

Título: PAISAXES RESILIENTES

Curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Obradoiro.

Duración: 16 horas, 2 días : 1 e 2 de xullo (xoves e venres)

Lugar: Allariz (Traballo de campo en  Vilaboa, Valverde e Allariz), Charlas e traballo en mesas no Fogar do Maiores, Campo da Barreira, 4, Allariz).

Directores: Mª José Piñeira Mantiñán (Doutora en Xeografía e Historia, USC), Silvia Blanco Agüeira (Doutora Arquitecta, CESUGA)

Asistencia: Marta Somoza Medina (Doutora Arquitecta, Oficina Técnica Municipal Concello de Allariz)

Web: www.allariz.gal/paisaxes

Organizadores: Concello de Allariz, Fundación Juana de Vega, Universidade de Santiago de Compostela.

Este curso conta cun co-financiamento do Concello de Allariz e da Fundación Juana de Vega

CRÉDITOS E DIPLOMA DE ASISTENCIA

A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2021 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu estudantado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:

1 crédito por cada curso de menos de 25 horas

 IMPORTE DA MATRÍCULA

Taxa xeral: 70 € para os cursos de menos de 25 horas

Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC:

40 € para os cursos de menos de 25 horas

A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2018-19 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2018/19 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatrio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 20€.

UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.

PRAZO DE MATRÍCULA

Acaba o prazo o venres 18 de xuño 

 

 OBXECTIVOS XERAIS

No interior de Ourense, as paisaxes culturais foron moldeadas en base a unha agricultura tradicional que a mediados do século XX comezaba a transformarse para dar continuidade a procesos preindustriais de transformación dos recursos do medio en productos elaborados (tecidos, calzado, repostería, …), con apoio nalgúns casos da renovación nos modos de emprego da forza hidráulica (muíños, minicentrais, …).

Proponse analizar a relación entre estes usos e a formalización ou consolidación de paisaxes tradicionais. Dentro desta formulación, o estudo diríxese a territorios vulnerables, desactivados tras as sucesivas ondas migratorias ao longo do século XX. Neles, a perda de poboación e o abandono do espazo rural teñen tido importantes repercusións a nivel social, económico, patrimonial e paisaxístico. Abórdase a análise da resiliencia destas paisaxes, entendidos como un recurso patrimonial de gran valor, que tras un período de estancamento e abandono parcial, teñen capacidade de ser novamente soporte de actividades baseadas na transformación dos recursos. Tamén se plantexa esbozar para estes espazos propostas que fomenten a diversificación de base produtiva, a superposición de usos e a posta en valor das súas calidades ambientais e culturais.

O obradoiro proponse como unha actividade de transferencia de coñecemento. Plantéxase proporcionar metodoloxías para a didáctica da paisaxe, profundizando en conceptos de vulnerabilidade do territorio e resiliencia da paisaxe. A dinámica das xornadas combina teoría e práctica, con ponencias directamente relacionadas cos temas a tratar nos traballos dos grupos (a modo de presentación do tema, conceptos, casos, ferramentas, …). Xenérase así un continuo intercambio de teoría, conceptos e boas prácticas que se van alternando coa saída de campo e co traballo individual e colectivo sobre os contidos introducidos. Esta dinámica permite favorecer a concentración, a curiosidade, a comprobación empírica das hipóteses, a intensidade de pensamento e a colaboración entre alumnado e investigadores.

O plantexamento do obradoiro busca activar, a partir dunha acción concreta e delimitada, un efecto de gran alcance en relación ao compromiso da sostenibilidade e posta en valor das paisaxes galegas, dende o seu re-coñecemento por parte do colectivo de educadores, abranguendo así de forma implícita a un público moi extenso.

 

Conferencia 1: Rubén C. Lois. Sobre a didáctica das paisaxes

Conferencia 2: Mª José Piñeira Mantiñán. Actividades participativas en relación á catalogación das paisaxes. O caso de Castro Maior.

Conferencia 3: Marta Somoza Medina. Paisaxes resilientes e o seu imaxinario.

Conferencia 4: Silvia Blanco Agüeira. Metodoloxías innovadoras na didáctica do espazo.

 

  1. e) Relación de intervenientes e participantes

Participantes:

Cristina Cid, Alcaldesa Concello de Allariz

Rubén C. Lois, Catedrático Xeografía Rexional, USC

Mª José Piñeira Mantiñán, Dra. en Xeografía, USC

Marta Somoza Medina, Dra. Arquitecta, CESUGA, A Coruña

Silvia Blanco Agüeira, Dra. Arquitecta. Directora do Grao de Arquitectura, CESUGA, A Coruña. Metodoloxías innovadoras na didáctica do espazo. (Innovaciones de metodologías docente, novedades, tics, pandemia, buenas prácticas, transferencia de conocimientos)

Xosé Constenla Vega, Dr. en Xeografía, CCEE, UVigo, Ourense

Yamilé Pérez, Dra. en Dirección e Planificación do Turismo, UDC

Paco Armas, Dr. en Xeografía, USC

CENTROS DE MATRICULACIÓN E DE INFORMACIÓN

Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada. Rúa Nova, 6.
Teléfonos 881811018 e 881811103

Campus de Lugo:
Área de Cultura – Pazo de Montenegro. Praciña da Universidade.
teléfono 98221513   cursosdeveran@usc.es     www.usc.es/cultura/veran

Concello de Allariz
www.allariz.gal/paisaxes     Teléfono: 988 55 40 06

Se tes algunha pregunta escríbenos a: colectivo.re.creo.ourense@gmail.com

 

Copyright 2017 Concello de Allariz| Aviso Legal e Privacidade | Desarrollo Desarrollo Web por Ainet Consulting