Intervenientes 2021

Silvia Blanco Agüeira (1978)

Arquitecta e doutora pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, Silvia Blanco é profesora de Historia da Arquitectura e Metodoloxía da Investigación no Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia-CESUGA. Conta cun gran número de publicacións, ponencias, artículos científicos e comunicacións que xiran ao redor de tres eixes temáticos: o estudio de olvidados e notables exemplos da historia da arquitectura; a posta en valor do patrimonio arquitectónico do noroeste peninsular, en especial, o construído na segunda metade do século XX; e por último, a implementación de métodos de aprendizaxe que fomenten o sentido crítico e a capacidade analítica do alumno.

Mª José Piñeira Mantiñán (A Coruña, 1969), doutora en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster Internacional a distancia en SIG, Universitat de Girona (2003), profesora asociada da USC. Realiza numerosos proxectos, entre os que destacan: Sistema de indicadores para a análise das dinámicas urbanas en España a comezos do século XXI (2013 – aberto). Deseño de instrumentos económico-territoriais para a xestión administrativa de desenvolvemento local en Senegal, Cabo Verde e Malí (2011). Benchmarking de produtos turísticos e a súa aplicación en Galicia (2010). Estudio sobre el producto turístico Camino de Santiago en el Horizonte del Año Santo Jacobeo 2010 (2009). Historia Urbana de Galicia: Procesos de Rehabilitación nos Centros Históricos (2009). Proxecto Terra (2009). Elaboración dun estudo previo para a creación e posta en marcha do Observatorio do Turismo de Galicia. SEREA – Reorientación das actividades mariñas (2007). Estudo sobre o desenvolvemento turístico sustentable en ciudades históricas (2005). Tamén é autora de numerosos artigos e publicacións.

Rubén C. Lois González (Palas de Rei, 1961). Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da Universidade de Santiago de Compostela, director do Grupo de Investigación ANTE -Análise Territorial- e actual director do Departamento de Xeografía. As súas principais liñas de investigación son a xeografía urbana e social, o turismo e a planificación do territorio. Foi Director Xeral de Turismo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Ten dirixido numerosas tesis doctorais e diferentes proxectos de investigación europeos relacionados coas súas liñas de investigación. Actualmente é Director da Fundación Centro de Estudios Euro-Regionales, que agrupa a seis universidades de Galicia e o Norte de Portugal.

Francisco José Armas Quintá. Licenciado en Xeografía e Doutor Europeo en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento centrouse nos impactos sociais e económicos da sociedade da información e as novas tecnoloxías en espazos periféricos. Durante a redacción da súa tese de doutoramento estivo nunha estancia de investigación na International School of Management en Dortmund (Alemaña). Na súa etapa posdoutoral obtivo dous contratos competitivos de mobilidade posdoutoral, un deles do Ministerio de Educación e o segundo do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (2011-2015) do Plan I2C da Xunta de Galicia. As súas liñas de investigación están relacionadas coa difusión da sociedade da información en áreas periféricas, o papel das tecnoloxías da información e a comunicación no desenvolvemento rexional, o desenvolvemento das áreas rurais, as migracións, a ordenación do territorio, os sistemas de información xeográfica e a didáctica das ciencias sociais. Na actualidade é profesor do Departamento de Didácticas Aplicadas na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Xosé Constenla Vega (Compostela, 1980). Xeógrafo. Licenciouse e doutorouse en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2017 recibiu o XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro de Ciencias Sociais e Humanidades pola obra titulada O Colapso Territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país. Na actualidade é profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Vigo e de Xeografía Humana na Universidade de León. Con anterioridade foi docente na Universidade da Coruña e na Carlos III de Madrid. No ámbito privado, traballou profesionalmente no campo do Urbanismo e da Ordenación do Territorio. Publicou numerosos artigos en revistas científicas no eido da Xeografía e das Ciencias Sociais. En 2010, publicou en Edicións Laiovento o libro (Re)Imaxinando o universo urbano. de Batilmore a Santiago de Compostela. Na súa faceta como cantautor, ten catro discos publicados: Quen fixo berrar ao silencio (2005). Olladas dun entusiasta (2008). Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo (2013) e Virada por avante (2016)

Yamilé Pérez Guilarte (1981), es Doctora Internacional en Dirección y Planificación del Turismo por las Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña y Vigo (2014). Es profesora de Didáctica de las Ciencias Sociales en la Universidad de A Coruña e investigadora asociada del Grupo de Análisis Territorial (ANTE) de la Universidad de Santiago de Compostela. Entre sus líneas de investigación se encuentran: la didáctica de la geografía, la didáctica del patrimonio, la geografía del turismo, la geografía cultural, la gestión patrimonial sostenible, y la planificación y análisis territorial. Ha publicado más de 10 artículos en revistas indexadas en las bases JCR, ESCOPUS, Emerging Sources Citation Index (ESCI) y Latindex; así como más de 15 capítulos de libros, algunos de ellos en editoriales de alto prestigio en ciencias sociales, tales como: Springer, Peter Lang, Thomsom Reuters Aranzadi, MDPI o Síntesis. Ha presentado los resultados de su investigación en diversos congresos internacionales celebrados en Portugal, España, Ecuador, Cuba, Italia, Rusia, Brasil y Grecia. También, ha participado como miembro del equipo de investigación de diversos proyectos competitivos de investigación, tanto autonómicos, como nacionales y europeos. Entre los proyectos europeos destacan: «Spatial Indicators for a Europe 2020 Strategy Territorial Analysis (SIESTA)» del programa ESPON, el proyecto Erasmus+ «Urban Dynamics: Global perspectives for a Socio-Cultural Urban Management (URBDYN)», y el INTERREG «Patrimonio cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación (GEOARPAD)».

Marta Somoza Medina (Ourense, 1971) é doutora pola Universidade Politécnica de Catalunya, ETSAB Barcelona, na especialidade de Urbanismo, obtenendo a calificación Apto CUM LAUDE en 2017. Arquitecta pola ETSA de A Coruña. Profesora asociada no grao de Arquitectura de CESUGA. Desenvolve traballos de planeamento a diversas escalas, proxectos urbanos e proxectos de arquitectura e de rehabilitación. No campo da docencia e investigación organiza xornadas, cursos e exposicións, ademais de impartir conferencias en cursos de diversas universidades. A súa tese doutoral «Tras o territorio circular. Paisaxes cotiáns da periferia galega» profundiza no tema da paisaxe no medio rural galego. Mención do premio Enrique Peña en 2008 polo Proxecto de pavimentación e mellora dos espazos libres de Santa Mariña de Augas Santas. Entre 2011 e 2013 participa na exposición Metagénesix: nova arquitectura de Galicia. Dende hai catorce anos é arquitecta municipal no concello de Allariz.É cofundadora da asociación «Colectivo Re.creo» dende a que realiza proxectos de educación creativa sobre paisaxe, territorio e cidade destinados a nenos, familias e colectivos en risco de exclusión social. («Paisaxes habitadas» http://proxectoterra.coag.es/).